Entrada correspondente ao Tema 2
Nesta entrada sobre o Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia
(MCER) para as linguas, reflexionarei
sobre tres cuestións relacionadas con este documento de referencia no mundo do
ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras.
O Marco Común Europeo de Referencia é o resultado dun traballo iniciado en 1991 por
iniciativa do goberno federal suízo que estivo inspirado en traballos previos
realizados por particulares e institucións desde 1971. O documento final (as
versións en inglés e francés) foi elaborado polo Consello de Europa, en
concreto polo Consello de Cooperación Cultural, e presentado en 2001 durante a
celebración do Ano Europeo das Linguas. A súa edición impresa en español
correu a cargo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en 2012, e o Instituto
Cervantes foi o encargado de realizar a súa tradución. Sabendo que a súa
autoría corresponde ao Consello de Europa, unha das sete altas institucións da
Unión Europea, podemos supoñer que o Marco Común Europeo de Referencia
responderá aos intereses da Unión Europea. Como
vimos na presentación da aula, o obxectivo principal da creación do MCER é “conseguir
unha maior unidade entre os seus membros”, xa “que só por medio dun mellor coñecemento
das linguas europeas modernas será posible facilitar a comunicación e a
interacción entre europeos que teñen distintas linguas maternas co fin de
fomentar a mobilidade en Europa, a comprensión mutua e a colaboración, e vencer
os prexuízos e a discriminación”. Vemos que as medidas do Marco Común
Europeo de Referencia pretenden preparar á
cidadanía europea para os retos que supoñen a mobilidade internacional, tanto
por motivos académicos como laborais. A fin de contas, unha das causas da creación
da Unión Europea foi o libre mercado, tanto de mercadorías, como de persoas. Aquí
vese como a dimensión política e a dimensión económica da educación influíron
na creación do MCER.
Outro aspecto que me
gustaría destacar deste tema é o enfoque adoptado na redacción do Marco Común Europeo de Referencia: un enfoque centrado na acción. Este enfoque coincide
co método comunicativo ou ensino comunicativo das linguas, un modelo didáctico que
pretende capacitar ao estudante para unha comunicación real. A comunicación é un
proceso que se leva a cabo cun propósito concreto, entre uns interlocutores
concretos, nunha situación concreta. Por conseguinte, non basta con que os
estudantes asimilen un cúmulo de datos (vocabulario, regras, funciones...): é
imprescindible, ademais, que aprendan a utilizar eses coñecementos para
negociar o significado. Para elo deben
participar en tarefas reais, nas que a lingua sexa un medio para alcanzar un
fin, non un fin en si mesma. O Enfoque comunicativo tivo unha grande aceptación durante os
80 e os 90 do século XX, aínda que nos últimos
anos cedeulle terreo ao enfoque por tarefas, que poderíamos considerar o seu
herdeiro. Con frecuencia, tómase como modelo fronte aos métodos e
enfoques tradicionais, centrados na gramática.
Por último, gustaríame
falar dunha das utilidades do Marco
Común Europeo de Referencia: a planificación dos
programas de aprendizaxe de linguas, en canto a coñecementos previos,
obxectivos e contidos de cada nivel. Neste sentido, como vimos na clase, o MCER
ten uns descritores moi globais, xa que teñen que ofrecer unha visión de conxunto
válida para todas as linguas. Corresponde ás distintas institucións de cada
lingua elaborar listas máis detalladas (de formas gramaticais, vocabulario,
etc.). Neste sentido, na miña experiencia como docente, a “lista detallada”
para os niveis de referencia coa que estou máis familiarizada é o Plan Curricular do Instituto Cervantes: o documento que desenvolve e fixa
os Niveis de referencia segundo as recomendacións propostas polo Consello de
Europa no Marco Común Europeo de Referencia no caso do Español como Lingua Estranxeira (ELE). Este plan presenta un
tratamento sistemático dos materiais necesarios para preparar os obxectivos e
os contidos dos programas de ensino do Instituto Cervantes, pero tamén se
desenvolveu coa idea de proporcionar unha ferramenta útil aos docentes de
español de todo o mundo. Para os distintos niveis de referencia (A1, A2, B1,
B2, C1 e C2), o plan indica obxectivos xerais, gramática, pronuncia,
ortografía, funcións, tácticas e estratexias pragmáticas, xéneros discursivos e
produtos textuais, nocións xerais e específicas, referentes culturais, saberes
e comportamentos socioculturais, habilidades e actitudes interculturais e
procedementos de aprendizaxe. Como profesora de ELE para inmigrantes, tiven que
consultalo en varias ocasións para comprobar que elementos gramaticais e funcións
da lingua corresponden a cada nivel, para así poder elaborar as programación de
aula e os distintos contidos que se tratan nos niveis de lingua que imparto, e
saber que contidos é preciso preparar para os exames dos diplomas DELE aos que
se presentan os meus alumnos. Trátase, polo tanto, dunha ferramenta moi útil
para os docentes de Español como Lingua Estranxeira.
Plan Curricular do Instituto Cervantes |
¡Hola, Cecilia!
ResponderEliminarMe ha gustado que hables de tu propia experiencia con el MCER (algo así como un directorio de descriptores globales) y con el Plan Curricular del Instituto Cervantes (centrado en el español). Como bien dices, son documentos muy necesarios para el proceso de enseñanza-aprendizaje y sin duda, yo estaría perdida sin ellos para afrontar una clase de un nuevo nivel como docente. Es interesante que en este texto se presenten los referentes culturales y los saberes y comportamientos socioculturales que forman parten indispensable del conocimiento de una lengua en su contexto pero que tantas veces no son tenidos en cuenta en la enseñanza de una lengua extranjera.
¡Me ha encantado tu entrada presentando este tema! Las experiencias personales siempre enriquecen el aprendizaje.
Un saludo,
Judit
Ola, Judit!
ResponderEliminarMuchas gracias por tu comentario. Me alegro de que te haya gustado la entrada. Sin duda, coincido contigo en que al relacionar los contenidos teóricos con la experiencia práctica es cuando más se aprende. Es gracioso que menciones los referentes culturales y comportamientos socioculturales en el aprendizaje de lenguas, porque les he dedicado otra entrada, en la que hablo del conocimiento declarativo (del MCER) relacionándolo con mi experiencia. ;-) Te dejo el enlace por si le quieres echar un vistazo: https://omeuportfoliodeaprendizaxe.blogspot.com/2018/12/entrada-correspondente-ao-tema-4.html.
Un abrazo y feliz año!