Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como #diario

Diario dos temas 7-8: presentación sobre o Enfoque comunicativo mellorado

Imagen
Na entrada de diario para os temas 7 e 8 compartirei convosco a presentación que fixen na clase sobre o Enfoque comunicativo mellorado, elaborada coa ferramenta Genially .  Para complementala, incluirei o guion que preparei para realizala. 1. QUEN, CANDO E POR QUE O Enfoque Comunicativo Mellorado foi desenvolvido por Zoltán Dörnyei , un profesor de Psicolingüística da Universidade de Nottingham de orixe húngaro. Este enfoque baséase en dous puntos. En primeiro lugar, en que o ensino de linguas estranxeiras debe seguir os principios comunicativos que sempre defendeu o Enfoque Comunicativo, no que o estudante debía ter unha participación activa  en interaccións significativas na lingua estranxeira en situacións comunicativas que imitaban contextos reais. E, en segundo lugar, en que o Enfoque Comunicativo, que foi creado a principios dos anos 70, debería modernizarse para adaptarse ao século XXI.  Co cambio de século producíronse moitos avances no campo da lingüí...

Diario do Tema 6: As programacións didácticas vixentes

Imagen
A entrada de diario do Tema 6 está relacionada coa  tarefa “Observación dunha programación didáctica”. A presentación do meu grupo trataba a programación didáctica do IES Santa Irene (inglés, 3º de ESO) . Porén, como o grupo fixo un bo traballo previo, gustaríame facer unha análise un pouco máis ampliada que a que se pode ver na presentación. A programación recolle todos os elementos que se enumeran na Resolución do 11/05/2018 . De feito, o documento destaca pola súa organización e a maioría deles aparecen xa no propio índice do documento. Os únicos elementos que non aparecen no índice son os “Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado”, que aparecen no corpo do texto, e os “Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente”, que aparecen en cadros. En canto ás fontes da programación , están todas cubertas. A fonte didáctica está bastante ben representada: o documento recolle a totalidade da lexislación e normativa aplica...

Diario do Tema 5: O deseño curricular

Imagen
Nesta primeira entrada de Diario para as sesións de Gonzalo Constenla vou reflexionar sobre un aspecto que me chamou a atención desde a primeira sesión de clase: o uso dunha metodoloxía moi activa e reflexiva para o ensino-aprendizaxe dun tema eminentemente teórico. Dende que empezamos o mestrado en setembro, nas diferentes materias faláronnos da Escola Nova e das metodoloxías activas, uns plantexamentos marabillosos na teoría, pero que na nosa experiencia práctica como estudantes apenas tiñamos experimentado. Como moito con algún profesor “moderno” ou na Escola Oficial de Idiomas. A sorpresa chegou xa na presentación desta materia, cando vimos que, o que críamos que ía ser unha materia moi teórica (e aburrida), pola densidade dos seus contidos, ía acabar sendo unha das máis prácticas debido á metodoloxía utilizada. Estamos acostumados a que, nas materias teóricas, o profesor transmita os coñecementos aos alumnos de forma unidireccional (maxistrocentrismo) e que os alumnos teñan q...