Diario do Tema 5: O deseño curricular

Nesta primeira entrada de Diario para as sesións de Gonzalo Constenla vou reflexionar sobre un aspecto que me chamou a atención desde a primeira sesión de clase: o uso dunha metodoloxía moi activa e reflexiva para o ensino-aprendizaxe dun tema eminentemente teórico.

Dende que empezamos o mestrado en setembro, nas diferentes materias faláronnos da Escola Nova e das metodoloxías activas, uns plantexamentos marabillosos na teoría, pero que na nosa experiencia práctica como estudantes apenas tiñamos experimentado. Como moito con algún profesor “moderno” ou na Escola Oficial de Idiomas. A sorpresa chegou xa na presentación desta materia, cando vimos que, o que críamos que ía ser unha materia moi teórica (e aburrida), pola densidade dos seus contidos, ía acabar sendo unha das máis prácticas debido á metodoloxía utilizada. Estamos acostumados a que, nas materias teóricas, o profesor transmita os coñecementos aos alumnos de forma unidireccional (maxistrocentrismo) e que os alumnos teñan que asumir unha actitude pasiva de asimilación e repetición de contidos. Porén, nesta materia teórica o alumno ou alumna é o centro do proceso de aprendizaxe e adopta un papel moi activo: traballa en equipo nas distintas actividades, procura información sobre os temas a tratar, usa novas tecnoloxías, reflexiona sobre os contidos e o proceso de aprendizaxe, etc., mentres que a teoría existe só como material de consulta e referencia complementario. Trátase de aprender durante o proceso: non só contidos, senón tamén competencias clave.

Resultado de imagen de competencias clave

Unha das competencias que desenvolvemos nesta materia é a competencia dixital (CD). Desde o primeiro día, informóusenos de que a metade da nosa avaliación ían ser as entradas que publicáramos nun blog. Así, aprendemos a “saber facer” (utilizar recursos tecnolóxicos, crear contidos) e “saber ser” (ter unha actitude activa cara as tecnoloxías). Ademais, nas diferentes actividades de aula, tamén seguimos adquirindo esta competencia. Por exemplo, na actividade con Kahoot, ademais de aprender novos contidos, descubrimos unha TIC que é moi útil como actividade de motivación, para avaliar os coñecementos iniciais ao principio dunha unidade e para facer unha avaliación formativa cara o final da mesma, e que presenta moitos recursos para analizar a información obtida e realizar diferentes avaliacións. Desta forma, coñecemos unha nova aplicación (“saber”) e aprendemos a “saber ser” (ter a curiosidade e motivación pola aprendizaxe e a mellora no uso das tecnoloxías; e valorar fortalezas e debilidades dos medios informáticos). Outra actividade de aula na que traballamos esta competencia foi a actividade colaborativa sobre “As linguas estranxeiras no currículo de ESO, Bacharelato e FP”. Nesta tarefa, ademais de usar unha TIC de traballo colaborativo (documento compartido en Google Drive), tamén aprendemos a “saber” e “saber facer”: coñecer fontes de información; buscar, obter e tratar información; e usar e procesar información de maneira crítica e sistemática).

Outra competencia que está moi presente nesta materia de forma transversal, pola metodoloxía empregada, é a competencia aprender a aprender (CAA). Por unha banda, aprendemos a “saber”: saber os procesos implicados na aprendizaxe (como se aprende), ao observar e reflexionar sobre os métodos utilizados na clase nas entradas do blog; o coñecemento sobre o que un sabe e descoñece, por medio das actividades de avaliación inicial (como o Kahoot ou as preguntas en grupo sobre o currículo da primeira sesión); e o coñecemento da disciplina e o contido concreto da materia (a teoría), que tradicionalmente era o obxectivo principal da educación, pero que nesta materia ten a mesma importancia que a adquisición de competencias. Por outra banda, tamén aprendemos a “saber facer”: nas variadas actividades que realizamos na clase, aprendemos estratexias de planificación de resolución dunha tarefa, estratexias de supervisión das accións que o estudante está desenvolvendo (ao observar o papel do profesor), así como estratexias de avaliación do resultado e do proceso que se levou a cabo, aprendendo que a maioría das veces, o proceso de aprendizaxe é máis importante que o resultado. E por último, e para min o máis importante, tamén aprendemos a “saber ser”: a motivarnos a aprender, a ter a necesidade e a curiosidade de aprender, a sentirnos protagonistas do proceso e do resultado da nosa aprendizaxe, e a ter a percepción de autoeficacia e confianza en nós mesmos.

Como comentaba anteriormente, os alumnos e alumnas deste mestrado somos o produto dun sistema educativo que utilizaba as metodoloxías pasivas, polo que o que nos resulta máis natural como futuros docentes é reproducir aquilo que coñecemos. Porén, os métodos utilizados nesta materia (e outras) estannos a inspirar e axudan a demostrar que, efectivamente, pódese cambiar de mentalidade e hai outra forma de ensinar máis positiva para todos.

Comentarios

  1. Bóas Cecilia,

    Norabóa pola túa entrada! Penso que fas unha moi bóa reflexión coa que estou totalmente de acordo, xa que realmente nós como estudantes non estamos acostumados ás metodoloxías activas, e polo tanto penso que é moi importante o que estamos a facer nesta materia, facendo un traballo moito máis activo e independente. Tamén me parecen moi interesantes as actividades de avaliación inicial coma os Kahoots que mencionas, xa que nos axuda a saber cánto sabemos dos temas antes de entrar neles en profundidade. Penso que vamos polo bó camiño para ser uns docentes moito máis innovadores do que foron connosco na nosa infancia jaja

    Un saúdo,

    Marta,

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Marta! Grazas por visitar o meu blog :). Eu tamén penso que estar expostas a outras metodoloxías nos está a levar polo bó camiño. Unha aperta!

      Eliminar
  2. ¡Hola Cecilia!
    Gracias por esta entrada de bog. La verdad es que al leerla ahora que ya se ha terminado la asignatura pone en perspectiva el proceso por el que hemos pasado todos los compañeros y compañeras desde que comenzó. Estoy de acuerdo contigo en cuanto a que somos producto de un sistema educativo que utilizaba metodologías pasivas y creo que por esta razón a la gran mayoría se nos ha hecho un poco cuesta arriba el tema de los blogs y saber exactamente qué se esperaba de nosotros. Creo que es fundamental que se comience a trabajar con este tipo de metodologías y las competencias clave desde las etapas más tempranas de la educación para ir creando hábito en el estudiantado y no encontrarse con tantos problemas a la hora de implementar una metodología que es claramente más beneficiosa que las pasivas.
    Gran entrada de blog.
    Enhorabuena :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola, Raquel! Gracias por tu comentario. Coincido contigo en que cuanto antes se empiecen a usar este tipo de metodologías activas, mejor para todos... Sí que nos ha costado lo suyo adaptarnos a los métodos de esta y otras asignaturas del máster, pero el proceso ha merecido la pena, creo yo.
      Un abrazo :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Presentación

Entrada correspondente ao Tema 1