Diario dos temas 7-8: presentación sobre o Enfoque comunicativo mellorado

Na entrada de diario para os temas 7 e 8 compartirei convosco a presentación que fixen na clase sobre o Enfoque comunicativo mellorado, elaborada coa ferramenta GeniallyPara complementala, incluirei o guion que preparei para realizala.



1. QUEN, CANDO E POR QUE

O Enfoque Comunicativo Mellorado foi desenvolvido por Zoltán Dörnyei, un profesor de Psicolingüística da Universidade de Nottingham de orixe húngaro. Este enfoque baséase en dous puntos. En primeiro lugar, en que o ensino de linguas estranxeiras debe seguir os principios comunicativos que sempre defendeu o Enfoque Comunicativo, no que o estudante debía ter unha participación activa  en interaccións significativas na lingua estranxeira en situacións comunicativas que imitaban contextos reais. E, en segundo lugar, en que o Enfoque Comunicativo, que foi creado a principios dos anos 70, debería modernizarse para adaptarse ao século XXI. 
Co cambio de século producíronse moitos avances no campo da lingüística aplicada e da psicolingüística, que non se viron reflexados nos principios comunicativos. Os avances teóricos máis destacados recolléronse do libro de Zoltán Dörnyei Psychology of Second Language Acquisition (2009) onde autor resumiu as implicacións practicas desa teoría en sete principios, que están baseados en estudos científicos. E chamou a esta versión mellorada do Enfoque Comunicativo ou Principled Communicative Approach (ou Enfoque comunicativo baseado en principios).

 Por que precisamos un novo enfoque comunicativo?
-Aínda que o EC leva décadas sendo a base do ensino de linguas, sempre se explicitou o contido dos aspectos lingüísticos, pero nunca o contido do enfoque de aprendizaxe, é dicir, non había indicacións sobre a mellor maneira de presentar e ensinar este contido lingüístico, aparte de “aprender facendo” e “negociar o significado en situacións”. Supoñíase que a competencia comunicativa do estudante ía desenvolverse de forma automática mediante a participación activa en actividades comunicativas significativas. Ademais, non se tiveron en conta os avances da psicoloxía da aprendizaxe. 
-Isto levou a confusións na interpretación práctica, fundamentalmente en canto á gramática:

Gramática, si ou non?
Moitos seguidores do enfoque comunicativo defenden as clases sen gramática, alegando que a aprendizaxe da gramática está implícita, como na aprendizaxe da lingua materna. Non obstante,  diferentes estudos feitos con estudantes en inmersión lingüística demostran que a gramática non se aprende só de forma implícita. Ademais, os fundadores do método  si que contemplaban o ensino de gramática. A clave está en atopar un equilibrio  entre a aprendizaxe implícita e explícita cunha andamiaxe sen caer no método de gramática-tradución.

2. O LIBRO

Arnold, J., Dornyei, Z. & Pugliese, C. 2015. The principled communicative approach: Seven criteria for success.  London: Helbling Languages

RECOLLE:
1. Introdución: Que é o Enfoque comunicativo mellorado? E presentación breve dos 7 principios
2. Un capítulo adicado a cada un dos SETE PRINCIPIOS con numerosos exemplos de actividades.
3. Bibliografía e máis recursos
4. Guía rápida para profesores

3. OS SETE PRINCIPIOS

Os principios do enfoque comunicativo mellorado están baseados en estudos psicolingüísticos recentes e intentan atopar un equilibrio entre a aprendizaxe implícita e explícita dunha forma sistemática:




OS PRINCIPIOS UN A UN

1.  Principio da significación persoal
O ensino debe estar centrado no significado e debe ser significativo: no enfoque comunicativo o estudante é o centro do ensino, polo que o contido debe estar relacionado coa súa vida.

O capítulo presenta 12 actividades, pasando por un poema, a descrición de información personalizada, ata a fixación de metas e a formulación de situacións hipotéticas. Todas las actividades reflexan o principio de xeito aclaratorio e lúdico.

2. Principio do input declarativo
Para facilitar a automatización, o ensino debe proporcionar un input explícito, que se vai procesando a través da práctica.

As 11 actividades propostas neste caso preparan ao estudante para as tarefas en que se verán involucrados. 

3. Principio da práctica controlada
En consonancia co principio anterior, pretende a automatización das habilidades na lingua estranxeira.  

Para isto suxire actividades variadas, co uso de internet ou outros medios, centradas nas experiencias ou atributos propios dos estudantes. Inclúe 11 actividades, tales como cánticos, relatos humorísticos, actividades creativas e espontáneas.

4. Principio da atención ás estruturas lingüísticas
Sen esquecer a relevancia do significado no enfoque, a aprendizaxe tamén debe prestar atención aos aspectos formais e estruturais da lingua estranxeira que determinan a precisión e a adecuación a nivel oracional, discursivo e pragmático.

As 11 actividades descritas abarcan estruturas lingüísticas, variados tempos verbais, ademais de actividades de descrición, modalidade en inglés e orde das palabras na oración.

5. Principio da linguaxe de fórmulas lingüísticas
O ensino debe incluír a aprendizaxe de fórmulas lingüísticas, é dicir, as expresións fixas ou idiomáticas, colocacións e outras, coma unha característica fundamental dunha lingua. 

En consecuencia, as once actividades propostas inclúen traballar con números, categorías, frases comúns e expresións idiomáticas.

6. Principio da exposición á lingua
O ensino debe ofrecer ampla exposición á lingua estranxeira para que se activen os mecanismos de aprendizaxe implícito, e o input se transforme en intake. Este capítulo, en particular, destaca a necesidade de expoñer ao estudante ao inglés para favorecer os procesos que promoven a aprendizaxe implícita. 

As nove actividades explicadas inclúen tarefas directamente relacionadas con textos orais ou escritos auténticos, e fragmentos audiovisuais variados.

7. Principio da interacción focalizada
O ensino debe ofrecer amplas oportunidades de participación nunha interacción xenuína na lingua estranxeira. Esas interaccións deben ter un enfoque formal ou funcional concreto e estar asociadas a frases coas que practicar.

As 10 actividades propostas son de carácter aberto (open-ended): consellos, críticas e simulacións. 

Exemplo de actividade: 

Principio da significación persoal: 1.2. How would it be at home?

1. Preséntaselles ao alumnos un texto/diálogo cunha situación familiar da súa casa.
2. Pídeselles que escriban o mesmo texto facéndoo o máis persoal posible pero se dar detalles (nomes) que poidan indicar o autor.
3. Recóllense  os textos e repártense pola clase aletoriamente.
4. Os alumnos teñen que adiviñar quen e o autor (competición ou debate).

4. CONCLUSION

O enfoque comunicativo mellorado plasmado neste libro é sen dubida un recurso indispensable para os profesores de inglés que pretendan optimizar as súas prácticas metodolóxicas, así como para os formadores de profesores. 

Ademais das actividades, o libro inclúe unha lista de recursos adicionais e unha guía de referencia rápida en formato táboa, para que os profesores poidan consultar e seleccionar actividades segundo duración, nivel e obxectivo.

5. VALORACIÓN PERSOAL CRÍTICA

Como ocorreu ao longo da historia, sempre aparecen novos métodos que reivindican ser máis eficaces que o anterior. No caso do enfoque comunicativo, que é un dos métodos máis populares de ensino de linguas estranxeiras, era totalmente necesario renovalo despois de case 50 anos. 

Aínda que moitos dos principios xa os utilizaban moitos profesores de lingua estranxeira, este enfoque comunicativo mellorado explicita uns principios de aplicación práctica para acabar coa ambigüidade do enfoque comunicativo orixinal e ten en conta os estudos psicolingüísticos máis recentes.


Este recente método debería darse a coñecer entre os profesores de linguas, para mellorar a calidade do ensino. Algúns centros xa o utilizan: Vivaling (“o método máis moderno”)

Comentarios

  1. Ola Cecilia!
    Gustoume moito a túa presentación porque non coñecía esta perspectiva de mellora da metodoloxía, así que pareceume moi interesante aprender sobre ela. Ademais, a presentación está moi ben estruturada e amosa información completa e concisa. Respecto a este método, penso que é unha boa idea actualizalo, como ben comentas, porque tras 50 anos quero pensar que existen os avances necesarios para mellorar as metodoloxías educativas! A maiores, penso que o libro, ao propoñer algunhas actividades, pode ser moi útil para axudar ao profesorado a traballar a través deste enfoque metodolóxico.
    Moi boa presentación! E felices festas!
    Iria

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Iria! Moitas grazas por pasarte polo blog e polo teu comentario. A min tamén me pareceu interesante este tema porque é unha adaptación do enfoque comunicativo que case non se coñece entre os (futuros) docentes. Feliz ano! :)

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Ola, Cecilia!
    En primeiro lugar gustaríame felicitarte pola tua presentación. Está moi ben estructurada e a información está moi completa. Canto ó tema de gramática, tamén penso que hai que buscar o equilibrio. Ademáis hai moitas formas máis amenas de explicar a teoría. O que está claro é que non podemos "fuxir" da gramática. O que debemos facer é encontrar a forma de expoñela ante o alumnado sin que pareza que é un "monstro de sete cabezas", e o enfoque comunicativo é unha grande axuda.

    Felices Festas!

    David.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, David! Grazas polo teu comentario :). Efectivamente, a gramática sempre estará aí. A clave está en vela aplicada a funcións comunicativas. Feliz ano!

      Eliminar
  4. Boas Cecilia!

    Noraboa pola presentación! Atopeina moi completa pero á vez moi ben organizada e amena. Creo que foi un gran acerto que empregases Genially, pois dalle un toque moi visual e interactivo. En canto ao contido, considéroo moi interesante e, como ti mesma lle contestabas a Iria, descoñecido entre os docentes (poida que porque é moi recente). Ademais, non quería deixar sen comentar que me pareceu unha boa idea que puxeses un exemplo de actividade, xa que a posta en práctica axuda a comprender os sete principios teóricos que hai detrás do Enfoque comunicativo mellorado.

    Un saúdo e feliz ano!

    Laura Rodríguez Fernández

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Laura!
      Grazas por visitar o blog e polo teu comentario. O exemplo de actividade (e a parte sobre a gramática) tíñao preparado para a presentación da clase, pero por falta de tempo (cronometreime na casa) tiven que deixalo fóra. Pero aproveitei o blog para compartilo con vós ;-). Alégrome de que che resultara útil. Feliz ano!

      Eliminar
  5. Ola, Cecilia!
    Parabéns pola túa presentación, eu estouche agradecida porque non coñecía este método e se non o chegas a escoller quizais nunca sabería del. Paréceme especialmente interesante por como recolle eses últimos avances en lingüística aplicada e en psicolingüística. Penso que sempre é beneficioso achegarse a outras disciplinas e este método o corrobora para o caso do ensino de linguas. O certo é que a través dos sete principios proporciónase unha achega á lingua moi completa e realista e, ademais, na que o alumnado evoluciona de forma activa e participativa, o cal non é tan habitual como debería... Doutra banda, quería comentar que o libro parece un acerto en canto a claridade sobre o método e a súa posta en práctica, iso é unha boa idea porque ás veces atopamos demasiada información e ao final resulta complicado delimitar as particularidades de cada un.
    Apertas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Laura! Moitas grazas polo teu comentario! Eu tamén concordo en que é moi positivo achegarse a outras disciplinas, como a lingüística aplicada e a psicolingüística. Efectivamente, o libro é moi claro e práctico na súa explicación do método, en contraposición ao antigo método comunicativo, que pecaba de ambiguo, como comentei na presentación ;).

      Eliminar
  6. ¡Hola Ceci!

    Muchísimas gracias por tu presentación sobre este enfoque. La verdad es que el nombre no me entusiasmaba mucho, porque ya conocía el enfoque comunicativo, pero has conseguido que la presentación sea interesante, informativa y completa. Creo que de los siete principios el más relevante para mí es el primero "Principio de la significación personal", ya que considero que es la base de toda buena comunicación y por lo tanto de cualquier proceso de enseñanza-aprendizaje efectivo. Probablemente la hornada de docentes que salga de este máster sea una muy implicada en el papel del alumnado como centro de la enseñanza y fuente de inspiración para la creación de materiales y contenidos que sean relevantes para ellos y muestren la conexión real que existe entre lo que se lleva a cabo en el aula y su vida dentro y fuera del centro de enseñanza.

    Buen trabajo Ceci :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola, Raquel! Muchas gracias por pasarte por el blog y por tu comentario. Estoy totalmente de acuerdo contigo en la importancia del Principio de la significación personal en la enseñanza de lenguas. De hecho también es mi principio favorito, de ahí que haya puesto un ejemplo sobre él ;). Ojalá tus expectativas se cumplan y seamos docentes muy conscientes. Un abrazo!

      Eliminar
  7. Notouse que querías falar do seu libro!
    Pero para ben. A reflexión máis importante que tiven gracias á túa presentación é que é posible innovar exitosamente de maneira organizada. Penso que é un acerto partir da base de que unha metodoloxía debe estar ben planificada e, sobre todo, que se debe acompañar de exemplos prácticos (as actividades) para comprende-la teoría. Non vin moitas, pero esta é a única que parece non deixar cabos soltos e é moi facilmente aplicable sen ter que improvisar moito.
    Espero ver como avanza este novo enfoque e se siga revalorizando a psicoloxía infantil aplicada.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Santi! Grazas polo teu comentario! Si, sen dúbida que se inclúan (moitos) exemplos prácticos en forma de actividades é un grande acerto para comprender a teoría. Unha aperta :)

      Eliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Diario do Tema 5: O deseño curricular

Presentación

Entrada correspondente ao Tema 1