Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como #carlabouzada

Entrada correspondente ao Tema 3

Imagen
Na entrada sobre o Tema 3: O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais , vou falar sobre unha institución relacionada coa certificación de linguas estranxeiras: ALTE. Ao final do Tema 3, había planificada unha actividade grupal para buscar información sobre distintas institucións de certificación (ALTE, CERCLES, EALTA, ACLES, ETS, etc), e considero que é unha mágoa que non a fixeramos por falta de tempo, polo que vou realizar a actividade de pesquisa de forma individual e compartir os resultados nesta entrada. A Asociación Europea de Examinadores de Linguas, coñecida internacionalmente como ALTE (Association of Language Testers in Europe) é unha asociación de institucións examinadoras de linguas de toda Europa que foi fundada en 1990. A finais dos anos 80, coa apertura dos controis fronteirizos e o aumento da mobilidade internacional, a sociedade europea tivo a necesidade de volverse máis multilingüe. En consecuencia, foi preciso ...

Entrada correspondente ao Tema 4

Imagen
Na entrada do Tema 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias, falarei en xeral sobre o papel das competencias no ensino e centrareime especialmente no tratamento do coñecemento declarativo na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Non cabe dúbida de que nos últimos anos as competencias entraron con forza a formar parte dos currículos e programacións didácticas do ensino en xeral. Na LOE (2006) denomináronse “competencias básicas” e na LOMCE (2013), “competencias clave”, e hoxe en día todo profesor debe telas en conta no seu día a día á hora de deseñar unha unidade didáctica ou unha tarefa. En canto ao ensino de linguas estranxeiras, o MCER (2001) tamén fala de competencias. En concreto, adica un capítulo completo, o capítulo 5, ás “Competencias do usuario ou alumno”. Como vimos na clase, o MCER divide as competencias en competencias xerais (que se subdividen en coñecemento declarativo, destrezas e habilidades, competencia existen...

Entrada correspondente ao Tema 2

Imagen
Nesta entrada sobre o Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas , reflexionarei sobre tres cuestións relacionadas con este documento de referencia no mundo do ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras. O Marco Común Europeo de Referencia é o resultado dun traballo iniciado en 1991 por iniciativa do goberno federal suízo que estivo inspirado en traballos previos realizados por particulares e institucións desde 1971. O documento final (as versións en inglés e francés) foi elaborado polo Consello de Europa, en concreto polo Consello de Cooperación Cultural, e presentado en 2001 durante a celebración do Ano Europeo das Linguas . A súa edición impresa en español correu a cargo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en 2012, e o Instituto Cervantes foi o encargado de realizar a súa tradución. Sabendo que a súa autoría corresponde ao Consello de Europa, unha das sete altas institucións da Unión Europea, podemos supoñer que o Marco Común Europeo de Refer...

Entrada correspondente ao Tema 1

Imagen
Na entrada correspondente ao Tema 1: O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico vou falar sobre un aspecto relacionado coa evolución das linguas estranxeiras en España que me parece moi interesante: o cambio da primeira lingua estranxeira ao longo da historia como consecuencia de factores políticos, históricos e económicos.  É ben sabido que a educación ten unha dimensión política: a educación está relacionada co Estado e reproduce as súas ideoloxías, como proba o cambio de leis de educación no noso país nas últimas décadas segundo o partido que estivese no Goberno. É ben sabido, tamén, que a educación ten unha dimensión económica: invértese en educación para que sexa rendible para a sociedade, e hoxe en día a globalización manda, como queda reflexado na LOMCE : “El dominio de una segunda o, incluso, una tercera lengua extranjeras se ha convertido en una prioridad en la educación como consecuencia del proceso de globalizaciónen que vivimos (...). L...