Entrada correspondente ao Tema 2

Nesta entrada sobre o Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas, reflexionarei sobre tres cuestións relacionadas con este documento de referencia no mundo do ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras.

O Marco Común Europeo de Referencia é o resultado dun traballo iniciado en 1991 por iniciativa do goberno federal suízo que estivo inspirado en traballos previos realizados por particulares e institucións desde 1971. O documento final (as versións en inglés e francés) foi elaborado polo Consello de Europa, en concreto polo Consello de Cooperación Cultural, e presentado en 2001 durante a celebración do Ano Europeo das Linguas. A súa edición impresa en español correu a cargo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en 2012, e o Instituto Cervantes foi o encargado de realizar a súa tradución. Sabendo que a súa autoría corresponde ao Consello de Europa, unha das sete altas institucións da Unión Europea, podemos supoñer que o Marco Común Europeo de Referencia responderá aos intereses da Unión Europea. Como vimos na presentación da aula, o obxectivo principal da creación do MCER é “conseguir unha maior unidade entre os seus membros”, xa “que só por medio dun mellor coñecemento das linguas europeas modernas será posible facilitar a comunicación e a interacción entre europeos que teñen distintas linguas maternas co fin de fomentar a mobilidade en Europa, a comprensión mutua e a colaboración, e vencer os prexuízos e a discriminación”. Vemos que as medidas do Marco Común Europeo de Referencia pretenden preparar á cidadanía europea para os retos que supoñen a mobilidade internacional, tanto por motivos académicos como laborais. A fin de contas, unha das causas da creación da Unión Europea foi o libre mercado, tanto de mercadorías, como de persoas. Aquí vese como a dimensión política e a dimensión económica da educación influíron na creación do MCER.

Outro aspecto que me gustaría destacar deste tema é o enfoque adoptado na redacción do Marco Común Europeo de Referencia: un enfoque centrado na acción. Este enfoque coincide co método comunicativo ou ensino comunicativo das linguas, un modelo didáctico que pretende capacitar ao estudante para unha comunicación real. A comunicación é un proceso que se leva a cabo cun propósito concreto, entre uns interlocutores concretos, nunha situación concreta. Por conseguinte, non basta con que os estudantes asimilen un cúmulo de datos (vocabulario, regras, funciones...): é imprescindible, ademais, que aprendan a utilizar eses coñecementos para negociar o significado. Para elo deben participar en tarefas reais, nas que a lingua sexa un medio para alcanzar un fin, non un fin en si mesma. O Enfoque comunicativo tivo unha grande aceptación durante os 80 e os 90 do século XX, aínda que nos últimos anos cedeulle terreo ao enfoque por tarefas, que poderíamos considerar o seu herdeiro. Con frecuencia, tómase como modelo fronte aos  métodos e enfoques tradicionais, centrados na gramática.

Por último, gustaríame falar dunha das utilidades do Marco Común Europeo de Referencia: a planificación dos programas de aprendizaxe de linguas, en canto a coñecementos previos, obxectivos e contidos de cada nivel. Neste sentido, como vimos na clase, o MCER ten uns descritores moi globais, xa que teñen que ofrecer unha visión de conxunto válida para todas as linguas. Corresponde ás distintas institucións de cada lingua elaborar listas máis detalladas (de formas gramaticais, vocabulario, etc.). Neste sentido, na miña experiencia como docente, a “lista detallada” para os niveis de referencia coa que estou máis familiarizada é o Plan Curricular do Instituto Cervantes: o documento que desenvolve e fixa os Niveis de referencia segundo as recomendacións propostas polo Consello de Europa no Marco Común Europeo de Referencia no caso do Español como Lingua Estranxeira (ELE). Este plan presenta un tratamento sistemático dos materiais necesarios para preparar os obxectivos e os contidos dos programas de ensino do Instituto Cervantes, pero tamén se desenvolveu coa idea de proporcionar unha ferramenta útil aos docentes de español de todo o mundo. Para os distintos niveis de referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2), o plan indica obxectivos xerais, gramática, pronuncia, ortografía, funcións, tácticas e estratexias pragmáticas, xéneros discursivos e produtos textuais, nocións xerais e específicas, referentes culturais, saberes e comportamentos socioculturais, habilidades e actitudes interculturais e procedementos de aprendizaxe. Como profesora de ELE para inmigrantes, tiven que consultalo en varias ocasións para comprobar que elementos gramaticais e funcións da lingua corresponden a cada nivel, para así poder elaborar as programación de aula e os distintos contidos que se tratan nos niveis de lingua que imparto, e saber que contidos é preciso preparar para os exames dos diplomas DELE aos que se presentan os meus alumnos. Trátase, polo tanto, dunha ferramenta moi útil para os docentes de Español como Lingua Estranxeira.

Plan Curricular do Instituto Cervantes



O Marco Común Europeo de Referencia é sen dúbida un documento moi necesario para o ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras, no cal se basean os principais currículos de aprendizaxe de linguas estranxeiras, así como os programas didácticos e manuais, polo que todos os docentes de linguas estranxeiras deberían coñecelo.

Comentarios

  1. ¡Hola, Cecilia!
    Me ha gustado que hables de tu propia experiencia con el MCER (algo así como un directorio de descriptores globales) y con el Plan Curricular del Instituto Cervantes (centrado en el español). Como bien dices, son documentos muy necesarios para el proceso de enseñanza-aprendizaje y sin duda, yo estaría perdida sin ellos para afrontar una clase de un nuevo nivel como docente. Es interesante que en este texto se presenten los referentes culturales y los saberes y comportamientos socioculturales que forman parten indispensable del conocimiento de una lengua en su contexto pero que tantas veces no son tenidos en cuenta en la enseñanza de una lengua extranjera.
    ¡Me ha encantado tu entrada presentando este tema! Las experiencias personales siempre enriquecen el aprendizaje.
    Un saludo,
    Judit

    ResponderEliminar
  2. Ola, Judit!
    Muchas gracias por tu comentario. Me alegro de que te haya gustado la entrada. Sin duda, coincido contigo en que al relacionar los contenidos teóricos con la experiencia práctica es cuando más se aprende. Es gracioso que menciones los referentes culturales y comportamientos socioculturales en el aprendizaje de lenguas, porque les he dedicado otra entrada, en la que hablo del conocimiento declarativo (del MCER) relacionándolo con mi experiencia. ;-) Te dejo el enlace por si le quieres echar un vistazo: https://omeuportfoliodeaprendizaxe.blogspot.com/2018/12/entrada-correspondente-ao-tema-4.html.
    Un abrazo y feliz año!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Diario do Tema 5: O deseño curricular

Presentación

Entrada correspondente ao Tema 1