Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

Entrada correspondente ao Tema 2

Imagen
Nesta entrada sobre o Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas , reflexionarei sobre tres cuestións relacionadas con este documento de referencia no mundo do ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras. O Marco Común Europeo de Referencia é o resultado dun traballo iniciado en 1991 por iniciativa do goberno federal suízo que estivo inspirado en traballos previos realizados por particulares e institucións desde 1971. O documento final (as versións en inglés e francés) foi elaborado polo Consello de Europa, en concreto polo Consello de Cooperación Cultural, e presentado en 2001 durante a celebración do Ano Europeo das Linguas . A súa edición impresa en español correu a cargo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en 2012, e o Instituto Cervantes foi o encargado de realizar a súa tradución. Sabendo que a súa autoría corresponde ao Consello de Europa, unha das sete altas institucións da Unión Europea, podemos supoñer que o Marco Común Europeo de Refer

Dossier do Tema 5: O deseño curricular

Imagen
Nesta primeira entrada falarei sobre as tarefas realizadas na aula durante as sesións do Tema 5: O deseño curricular, impartido polo profesor Gonzalo Constenla. O 12 de novembro foi a sesión de introdución da materia, pero deunos tempo a comezar o Tema 5 e a facer a primeira tarefa da materia. Tratábase dunha tarefa colaborativa para traballar en grupos de 5 e responder a unha serie de preguntas sobre o currículo: Que é o currículo? Cales son os elementos do currículo? Cales son as competencias básicas que recolle o currículo? Cales son os graos de concreción curricular? Tras un breve debate nos grupos, puxemos en común as nosas respostas con toda a clase e o profesor. Esta actividade serviu para refrescar coñecementos previos doutras materias, ver as nosas carencias e que o profesor fixese unha avaliación inicial dos nosos coñecementos. Foi unha actividade sinxela que non presentou dificultades e o maior logro foi quizais cuestionar a veracidade dos coñecementos previos o asimila

Diario do Tema 5: O deseño curricular

Imagen
Nesta primeira entrada de Diario para as sesións de Gonzalo Constenla vou reflexionar sobre un aspecto que me chamou a atención desde a primeira sesión de clase: o uso dunha metodoloxía moi activa e reflexiva para o ensino-aprendizaxe dun tema eminentemente teórico. Dende que empezamos o mestrado en setembro, nas diferentes materias faláronnos da Escola Nova e das metodoloxías activas, uns plantexamentos marabillosos na teoría, pero que na nosa experiencia práctica como estudantes apenas tiñamos experimentado. Como moito con algún profesor “moderno” ou na Escola Oficial de Idiomas. A sorpresa chegou xa na presentación desta materia, cando vimos que, o que críamos que ía ser unha materia moi teórica (e aburrida), pola densidade dos seus contidos, ía acabar sendo unha das máis prácticas debido á metodoloxía utilizada. Estamos acostumados a que, nas materias teóricas, o profesor transmita os coñecementos aos alumnos de forma unidireccional (maxistrocentrismo) e que os alumnos teñan q

Entrada correspondente ao Tema 1

Imagen
Na entrada correspondente ao Tema 1: O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico vou falar sobre un aspecto relacionado coa evolución das linguas estranxeiras en España que me parece moi interesante: o cambio da primeira lingua estranxeira ao longo da historia como consecuencia de factores políticos, históricos e económicos.  É ben sabido que a educación ten unha dimensión política: a educación está relacionada co Estado e reproduce as súas ideoloxías, como proba o cambio de leis de educación no noso país nas últimas décadas segundo o partido que estivese no Goberno. É ben sabido, tamén, que a educación ten unha dimensión económica: invértese en educación para que sexa rendible para a sociedade, e hoxe en día a globalización manda, como queda reflexado na LOMCE : “El dominio de una segunda o, incluso, una tercera lengua extranjeras se ha convertido en una prioridad en la educación como consecuencia del proceso de globalizaciónen que vivimos (...). La Un

Presentación

Hello world! Son Cecilia Rodríguez, alumna do Mestrado de Profesorado da Uvigo. Neste blog irei plasmando as miñas reflexións sobre as diferentes sesións da materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Trátase dun portfolio de aprendizaxe, con dous tipos de entradas: dosier (para as tarefas realizadas nas aulas) e diario (para os contidos). Benvid@s! Cecilia