Entrada correspondente ao Tema 3
Na entrada sobre o Tema 3: O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais , vou falar sobre unha institución relacionada coa certificación de linguas estranxeiras: ALTE. Ao final do Tema 3, había planificada unha actividade grupal para buscar información sobre distintas institucións de certificación (ALTE, CERCLES, EALTA, ACLES, ETS, etc), e considero que é unha mágoa que non a fixeramos por falta de tempo, polo que vou realizar a actividade de pesquisa de forma individual e compartir os resultados nesta entrada. A Asociación Europea de Examinadores de Linguas, coñecida internacionalmente como ALTE (Association of Language Testers in Europe) é unha asociación de institucións examinadoras de linguas de toda Europa que foi fundada en 1990. A finais dos anos 80, coa apertura dos controis fronteirizos e o aumento da mobilidade internacional, a sociedade europea tivo a necesidade de volverse máis multilingüe. En consecuencia, foi preciso