Dosier dos temas 7-8
Nesta última entrada de dosier recollerei nunha soa entrada as actividades correspondentes ao Tema 7: Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC) e ao Tema 8: As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais . Fonte: http://www.onestopenglish.com O día 10 de decembro foi adicado exclusivamente ao Tema 7. Comezamos falando sobre a diferenza entre un centro plurilingüe e un centro con sección bilingüe. Primeiro, o profesor preguntounos se coñecíamos a diferenza, para ver os nosos coñecementos previos e facer a clase un pouco máis bidireccional. Tras unha posta en común complementada con comentarios por parte do profesor, chegamos ás seguintes conclusións: un centro plurilingüe é aquel no que unha das materias se da integramente en inglés; o profesor ten que ter como mínimo unha acreditación B2 e ten que haber apoio dos profesores de lingua estranxeira; normalmente, a consellería adx