Entradas

Dosier dos temas 7-8

Imagen
Nesta última entrada de dosier recollerei nunha soa entrada as actividades correspondentes ao Tema 7: Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC) e ao Tema 8: As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais . Fonte: http://www.onestopenglish.com O día 10 de decembro foi adicado exclusivamente ao Tema 7. Comezamos falando sobre a diferenza entre un centro plurilingüe e un centro con sección bilingüe. Primeiro, o profesor preguntounos se coñecíamos a diferenza, para ver os nosos coñecementos previos e facer a clase un pouco máis bidireccional. Tras unha posta en común complementada con comentarios por parte do profesor, chegamos ás seguintes conclusións: un centro plurilingüe é aquel no que unha das materias se da integramente en inglés; o profesor ten que ter como mínimo unha acreditación B2 e ten que haber apoio dos profesores de lingua estranxeira; normalmente, a consellería adx

Entrada correspondente ao Tema 3

Imagen
Na entrada sobre o Tema 3: O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais , vou falar sobre unha institución relacionada coa certificación de linguas estranxeiras: ALTE. Ao final do Tema 3, había planificada unha actividade grupal para buscar información sobre distintas institucións de certificación (ALTE, CERCLES, EALTA, ACLES, ETS, etc), e considero que é unha mágoa que non a fixeramos por falta de tempo, polo que vou realizar a actividade de pesquisa de forma individual e compartir os resultados nesta entrada. A Asociación Europea de Examinadores de Linguas, coñecida internacionalmente como ALTE (Association of Language Testers in Europe) é unha asociación de institucións examinadoras de linguas de toda Europa que foi fundada en 1990. A finais dos anos 80, coa apertura dos controis fronteirizos e o aumento da mobilidade internacional, a sociedade europea tivo a necesidade de volverse máis multilingüe. En consecuencia, foi preciso

Entrada correspondente ao Tema 4

Imagen
Na entrada do Tema 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias, falarei en xeral sobre o papel das competencias no ensino e centrareime especialmente no tratamento do coñecemento declarativo na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Non cabe dúbida de que nos últimos anos as competencias entraron con forza a formar parte dos currículos e programacións didácticas do ensino en xeral. Na LOE (2006) denomináronse “competencias básicas” e na LOMCE (2013), “competencias clave”, e hoxe en día todo profesor debe telas en conta no seu día a día á hora de deseñar unha unidade didáctica ou unha tarefa. En canto ao ensino de linguas estranxeiras, o MCER (2001) tamén fala de competencias. En concreto, adica un capítulo completo, o capítulo 5, ás “Competencias do usuario ou alumno”. Como vimos na clase, o MCER divide as competencias en competencias xerais (que se subdividen en coñecemento declarativo, destrezas e habilidades, competencia existencial

Diario dos temas 7-8: presentación sobre o Enfoque comunicativo mellorado

Imagen
Na entrada de diario para os temas 7 e 8 compartirei convosco a presentación que fixen na clase sobre o Enfoque comunicativo mellorado, elaborada coa ferramenta Genially .  Para complementala, incluirei o guion que preparei para realizala. 1. QUEN, CANDO E POR QUE O Enfoque Comunicativo Mellorado foi desenvolvido por Zoltán Dörnyei , un profesor de Psicolingüística da Universidade de Nottingham de orixe húngaro. Este enfoque baséase en dous puntos. En primeiro lugar, en que o ensino de linguas estranxeiras debe seguir os principios comunicativos que sempre defendeu o Enfoque Comunicativo, no que o estudante debía ter unha participación activa  en interaccións significativas na lingua estranxeira en situacións comunicativas que imitaban contextos reais. E, en segundo lugar, en que o Enfoque Comunicativo, que foi creado a principios dos anos 70, debería modernizarse para adaptarse ao século XXI.  Co cambio de século producíronse moitos avances no campo da lingüística aplicada

Diario do Tema 6: As programacións didácticas vixentes

Imagen
A entrada de diario do Tema 6 está relacionada coa  tarefa “Observación dunha programación didáctica”. A presentación do meu grupo trataba a programación didáctica do IES Santa Irene (inglés, 3º de ESO) . Porén, como o grupo fixo un bo traballo previo, gustaríame facer unha análise un pouco máis ampliada que a que se pode ver na presentación. A programación recolle todos os elementos que se enumeran na Resolución do 11/05/2018 . De feito, o documento destaca pola súa organización e a maioría deles aparecen xa no propio índice do documento. Os únicos elementos que non aparecen no índice son os “Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado”, que aparecen no corpo do texto, e os “Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente”, que aparecen en cadros. En canto ás fontes da programación , están todas cubertas. A fonte didáctica está bastante ben representada: o documento recolle a totalidade da lexislación e normativa aplicable,

Dosier do Tema 6: As programacións didácticas vixentes

Imagen
Nesta segunda entrada de dosier para as sesións do profesor Gonzalo Constenla falarei e reflexionarei sobre as tarefas realizadas na clase durante o Tema 6: As programacións didácticas vixentes. O día 26 de novembro adicamos a segunda metade da sesión a comezar o novo tema. Poucos minutos despois de dar comezado os contidos, realizamos unha actividade de debate piramidal. O tema a tratar estaba relacionado cun dos capítulos da Resolución do 11/05/2018 pola que se ditan instrucións no curso académico 2018/2019 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia , en concreto co capítulo V, titulado “As programacións didácticas”. No punto 3 do seu artigo 24, indícanse os diferentes elementos que conforman as programacións didácticas. A finalidade do debate piramidal era reflexionar e elixir os elementos máis importantes dunha programación didáctica a partir da lista do decreto. Para iso, primeiro eliximos tres individualmen

Entrada correspondente ao Tema 2

Imagen
Nesta entrada sobre o Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas , reflexionarei sobre tres cuestións relacionadas con este documento de referencia no mundo do ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras. O Marco Común Europeo de Referencia é o resultado dun traballo iniciado en 1991 por iniciativa do goberno federal suízo que estivo inspirado en traballos previos realizados por particulares e institucións desde 1971. O documento final (as versións en inglés e francés) foi elaborado polo Consello de Europa, en concreto polo Consello de Cooperación Cultural, e presentado en 2001 durante a celebración do Ano Europeo das Linguas . A súa edición impresa en español correu a cargo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en 2012, e o Instituto Cervantes foi o encargado de realizar a súa tradución. Sabendo que a súa autoría corresponde ao Consello de Europa, unha das sete altas institucións da Unión Europea, podemos supoñer que o Marco Común Europeo de Refer